Saltar ao contido

Roger Torrent i Ramió

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaO moi honorábel Editar o valor en Wikidata
Roger Torrent i Ramió

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xullo de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Sarrià de Ter, España Editar o valor en Wikidata
Q107289922 Traducir
26 de maio de 2021 – 12 de agosto de 2024
← Ramon TremosaMiquel Sàmper Rodríguez (pt) Traducir →
Membro do gabinete: Goberno de Pere Aragonès

Nomeado por: Pere Aragonès
Deputado do Parlamento de Cataluña
12 de marzo de 2021 – 23 de xullo de 2021 (renuncia)Eugeni Villalbí i Godes (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Barcelona

15º Presidente do Parlamento de Cataluña
17 de xaneiro de 2018 – 12 de marzo de 2021
← Carme ForcadellLaura Borràs i Castanyer →
Deputado do Parlamento de Cataluña
17 de xaneiro de 2018 – 21 de decembro de 2020 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Xirona

Deputado do Parlamento de Cataluña
26 de outubro de 2015 – 28 de outubro de 2017 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Xirona

Deputado do Parlamento de Cataluña
17 de decembro de 2012 – 4 de agosto de 2015 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Xirona

Provincial Deputy of Girona (en) Traducir
15 de xullo de 2011 – 18 de decembro de 2012 – David Mascort Subiranas (pt) Traducir →
Mayor of Sarriá de Ter (en) Traducir
16 de xuño de 2007 – 19 de xaneiro de 2018
← Nicolás Pichardo Delgado (en) TraducirNarcís Fajula Aulet →
Councillor of Sarrià de Ter (en) Traducir
3 de xullo de 1999 – 19 de xaneiro de 2018 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSarrià de Ter Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona - Licentiate in Political and Administration Science (en) Traducir
Universidade Politécnica de Cataluña
Universidade Pompeu Fabra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, politicólogo, urbanista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoEsquerra Republicana de Catalunya (2000–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm8499925 Facebook: rogertorrentramio Twitter: rogertorrent Instagram: rogertorrentramio Telegram: rogertorrent Editar o valor en Wikidata

Roger Torrent i Ramió, nado en Sarrià de Ter (Xirona) o 19 de xullo de 1979, é un politicólogo e político catalán afiliado desde o ano 2000 a Esquerra Republicana de Catalunya, que foi alcalde da súa localidade de nacemento, deputado provincial e autonómico, e que foi elixido presidente do Parlamento de Cataluña o 17 de xaneiro de 2018,[1] cargo no que foi sucedido o 12 de marzo de 2021 por Laura Borràs.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Roger Torrent é graduado en Ciencia Política e da Administración pola Universidade Autónoma de Barcelona e cursou un mestrado en estudos territoriais e planificación das universidades Politécnica de Catalunya e Pompeu Fabra.[2]

Alcaldía de Sarrià de Ter

[editar | editar a fonte]

Inicialmente traballou como técnico na administración local. Foi membro de diversas asociacións culturais e veciñais. En 1998, uniuse ás xuventudes de Esquerra Republicana e dous anos máis tarde afiliouse ao devandito partido político. Desde 1999 foi membro do Concello da vila de Sarrià de Ter e, logo de dúas lexislaturas na oposición, foi elixido alcalde en 2007, grazas a un pacto de ERC con Convergència i Unió. Nas eleccións municipais de 2011 e de 2015 foi validado no cargo ao acadar o seu partido a maioría absoluta. En 2011 entrou a formar parte da Deputación Provincial de Xirona, onde foi portavoz de ERC. Entre 2000 e 2008 foi secretario de política parlamentaria rexional na federación xironesa do partido. Tamén foi membro da executiva da Asociación Catalá de Municipios e Comarcas entre 2007 e 2011.[3][4]

Deputado no Parlamento catalán

[editar | editar a fonte]

Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2012 e de 2015 foi elixido membro do parlamento por Xirona, esta última dentro da candidatura de Junts pel Sí, lexislatura na que exerceu como voceiro adxunto do grupo parlamentario.[5] Tamén formou parte da comisión de Gobernación, Administracións Públicas e Vivenda, así como da comisión de Economía e Facenda, do relatorio conxunto pola Administración tributaria catalá e da comisión de investigación sobre a Operación Catalunya.

Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017 foi o número dous da lista de ERC pola circunscrición de Xirona, detrás da ex-conselleira Dolors Bassa, e foi elixido deputado autonómico na décimo segunda lexislatura.[6]

Presidencia do Parlamento de Cataluña

[editar | editar a fonte]

O 17 de xaneiro de 2018 foi elixido presidente do Parlamento de Cataluña, en substitución de Carme Forcadell, cos votos dos deputados de ERC, Junts per Catalunya e a CUP, e coa abstención de Catalunya en Comú-Podem.[7] Durante o seu discurso de aceptación para a súa posición, xurou contribuír a "coser a sociedade" e a dar prioridade a "recuperar as institucións", no marco da aplicación do artigo 155 da Constitución. Tamén anunciou que renunciaría á alcaldía de Sarrià de Ter na mesma semana.[8][9]

  1. Datos biográficos na web do Parlamento de Cataluña (en catalán)
  2. Datos biográficos Arquivado 21 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. en Alcaldes.eu (en catalán)
  3. "Roger Torrent: Independentista convençut, esportista i molt vinculat a la vida de Sarrià de Ter". En Diari de Girona. 19 de xaneiro de 2018 (en catalán)
  4. "Roger Torrent, home de partit i polític professional". En El Periódico. 17 de xaneiro de 2018 (en catalán)
  5. "Joan Giraut, nou president de la Diputació de Girona". Deputación de Xirona. 29 de xaneiro de 2013 (en catalán)
  6. "Eleccions al Parlament de Catalunya 2017. Composició del Parlament Arquivado 22 de decembro de 2017 en Wayback Machine.". Generalitat de Catalunya (en catalán)
  7. "ERC elige a Roger Torrent como candidato a presidir el Parlament". En El Diario. 16 de xaneiro de 2018 (en castelán)
  8. "Torrent es compromet a “contribuir a cosir la societat” i prioritzar la “recuperació de les institucions Arquivado 18 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine.”". En VilaWeb. 17 de xaneiro de 2018 (en catalán)
  9. "Roger Torrent: “Vull contribuir a cosir la societat catalana”". En RAC1 (en catalán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]